miércoles, 11 de junio de 2025

Tal como imos facendo nos últimos cursos os nenos e nenas de 1º de Primaria do noso cole visitan a escola de infantil para contar contos aos nenos de dita escola. Este inrercambio lector resulta moi gratificante para eles porque algúns vivitan o que fora a súa escola de E.Infantil.




















jueves, 5 de junio de 2025

Este curso foi ano de novidades na nosa biblio, cambiamos o Meiga pola Koha, o que supuxo un traballo importante para o equipo de biblioteca, e cambiamos os números das estanterías, de ser feitos en papel e platificados pasaron a ser feitos na impresora 3D.

Comezou tamén a funcionar a nosa radio, Radio Leolandra, aqui temos os nosos primeiros traballos, e como non podía ser doutra maneira relacionados co noso proxecto.







Para completar este fermoso proxecto dos animais, hoxe visitáronnos dous fabulosos veterinarios da nosa comarca, estiveron estupendos contando tres contos de animais de granxa: "A cabra Glotona," Tres gallinas y un pavo real ",  "Lo que escuchó la mariquita."
Susana, a veterinararia ademáis da sua profesión está na escola de teatro de Vilalba, mostrándonos así as súas habilidades  curando a cabra glotona. Os nenos riron un montón coa cabra que estaba moi maliña , primeiro con moita febre, o corazón acelerado, a língua azul e finalmente unha alerxia. A nosa veterinaria conseguiu curala cabra grazas a inxección, tabletas, xarope...
Cando xa parecía que melloraba, apareceu a nosa veterinaria coa língua azul.😒







domingo, 1 de junio de 2025

 Hoxe foi a inauguración da Exposición Proxecto Microrrede de Bibliotecas Escolares Terra Chá "Afianzando a nosa identidade". Un traballo colaborativo entre as Bibliotecas Escolares de 14 centros educativos da comarca da Terra Chá.

O acto tivo lugar na casa Habanera de Guitiriz, ao que ademáis de representantes dos centros, acudiron o concelleiro de cultura de Guitiriz e a asesora de Bibliotecas Escolares, Alexandra Cabana.


















   

jueves, 29 de mayo de 2025

 Xa temos preparado o noso traballo para a rede bibliotecas Terra Chá, Xoana, Betty, Nicole e Adnan, debuxaron unha fermosa paisaxe do Paseo da Magdalena, cos animais da nosa contorna.  Ademais recopilamos nun libro dixital os traballos realizados polo alumnado do noso cole no proxecto de centro, Os nosos amigos, os animais, podendo descargar este libro nun código QR.































Os nosos amigos, os animais















































































































































































































































































































viernes, 9 de mayo de 2025

Comeza a funcionar na nosa biblio "Radio Leolandra", estrease cos alumn@s de 6ºB dirixidos polo mestre Rodri.














jueves, 8 de mayo de 2025

 Hoxe contamos co equipo de Regueifas do I.E.S. Basanta Silva, primeiro todo o alumnado do cole disfrutou dunha actuación estupenda onde  tod@s difrutamos moito. Despois do recreo o alumnado de 5º aprendeu a regueifar cos estes marabillosas alumnas e alumno de segundo e cuarto da ESO. Un moi aproveitado obradoiro que con moito gusto nos gustaría que se repetira no vindeiro curso.