lunes, 25 de mayo de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
Hoxe no museo do Castro de Viladonga tivo lugar a inaugarión da exposición que durante o presente curso estivemos a traballar os centros que compoñemos a Microrrede de Bibliotecas escolares Terra Chá, un marabilloso traballo do que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas .O proxecto deste curso tratou sobre os oficios que os nosos devanceiros desenvolveron durante moitos anos; así como de persoaxes senlleiros da nosa comarca. A exposición está aberta ao público ata finais de mes.
| Cartel da exposición |
| Sara Jato |
| Comadrona Concha da Reina |
| Mulleres do liño de Insua |
| Oficios tradicionais |
| Os torneiros e Roteiro de Mulleres Senlleiras Terra Chá |
| Fiolleiras |
martes, 5 de mayo de 2026
Os alumnos de E. Infantil, aula específica, 1º, 2º, e 3º de E.P, disfrutaron hoxe da compañía de Cé Orquestra Pantasma, unha maneira moi especial de demostrar como a música pode cobrar vida e contarnos historias marabillosas a través dos instrumentos. Como as fotos o indican a festa estaba garantida.