viernes, 24 de mayo de 2013

Letras Galegas

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas adicada a Roberto Vidal Bolaño, a biblioteca tiña preparadas moitas actividades para nós: cine, teatro, contos...



Recibimos a visita dun contacontos moi divertido:



 


Os nenos e nenas de 1º sorprendéronnos con esta obra de teatro:



 

E mesmo tivemos sesión musical: primero co alumnado de 3º A que nos deleitou cunha canción tradicional, e logo todos xuntos cantamos o Himno galego no patio.




miércoles, 15 de mayo de 2013

Contacontos en Infantil

Os nenos e nenas de 5 anos recibiron a visita da Cruz Vermella, que lles contaron contos e organizaron xogos na clase.
 
 

 

lunes, 13 de mayo de 2013

Exposición Fotográfica

Co motivo do Día do Libro e das Letras Galegas, o CEIP Insua Bermúdez preparou esta exposición de toda a comunidade educativa lendo.
 
 


 

viernes, 10 de mayo de 2013

O liño

Hoxe tivemos unha visita moi especial... ¿Queres saber como se traballa o liño? Mira estas fotos e o descubrirás:



viernes, 26 de abril de 2013

Visitamos a EEI de Vilalba

Os nenos e nenas de 1º do noso centro, visitaron a EEI de Vilalba para representar alí a obra "O Mago Tito". Pasárono moi ben, podes velo aquí abaixo:




martes, 23 de abril de 2013

Día do Libro

Os nenos de 5 anos celebraron o día do libro. ¿Queres saber cales son os seus libros favoritos?


Visita da Escola de Educación Infantil

Para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos da Escola de infantil de Vilalba viñeron visitarnos e contarnos dous contos na nosa biblioteca. Moitas grazas compañeiros, pasámolo moi ben!
 
 

 

lunes, 22 de abril de 2013

Xogo sobre a Idade Media

Os nenos e nenas de infantil están aprendendo moito sobre a Idade Media. Se ti tamén queres comprobar canto sabes do tema preme na imaxe:


 

lunes, 8 de abril de 2013

Actuación de Mini e Mero


O pasado venres, día 5 de abril, foi un día moi especial para todos nós. Despois do recreo, os nosos profesores programaron un concerto musical de MINI e MERO, dentro do proxecto educativo dos ANDRADE, incluído nas actividades da Biblioteca do Centro para o presente curso escolar. Nos días previos ao concerto, en cada clase estivemos coñecendo un pouco máis a Mini e Mero. Decubrimos que os seus verdadeiros nomes son Xosé Luis Rivas Cruz -MINI- e Baldomero Iglesias Dobarrio -Mero-. Tamén soubemos que ambos son chairegos: Mini, naceu en Pacios-Baamonde, e Mero é viciño noso, de Vilalba. Os dous son músicos, poetas, mestres e investigadores da cultura e do folklore galegos. Coñecemos que ambos foron hai xa anos dous dos principais compoñentes do grupo FUXAN OS VENTOS na súa época de esplendor. Máis tarde, formaron o grupo A QUENLLA, grupo no que están na actualidade. No mes de abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical. En setembro de 2011 concedéuselles o X Premio Ramón Piñeiro-Facer País, organizado pola agrupación cultural Val de Láncara.
A medida que se ía acercando o momento da súa actuación, os nervos ían tamén en aumento pero ao mesmo tempo estabamos moi ilusionados en poder escoitar a súa música. E podémosvos dicir que foi unha actuación marabillosa, emocionante e participativa. Oímos dende cancións medievais ata outras máis populares, nas que non nos foi nada difícil poder acompañalos nos seus estribillos. Todos participamos de xeito espontáneo e abofé que non nos saía mal de todo. O peor foi que o tempo pasóusenos moi rápido e ás 14:30, hora da comida, tiveron que rematar a actuación a pesares dos nosas peticións de "outra, outra, outra".
En fin, que o pasamos moi ben con Mini e Mero e coa súa música. Agardamos poder volver a velos no noso Colexio o máis pronto posible. Graciñas por facernos pasar unhas horas tan agradables e máxicas. 
Podedes ver as fotos e o vídeo da actuación cos máis pequenos:






 O concerto cos maiores:



martes, 2 de abril de 2013

Concerto medieval

Esta semana a biblioteca está irrecoñecible: o venres imos ter unha visita moi especial... ¿Algunha idea de quen pode ser?



jueves, 14 de marzo de 2013

Día da Muller

A biblioteca tamén tivo tempo para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) cun contacontos dirixido aos máis pequenos do cole. Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron do conto "O gato e a gata" e un obradoiro posterior.

jueves, 7 de marzo de 2013

Contacontos dos Andrade por Manolo Ferreiro

Novamente tivemos unha sorpresa na nosa biblio: veu visitarnos Nuno Freire de Andrade, O Mau, para contarnos como fora a súa vida e as súas aventuras. O que O Mau non esperaba e que ía ser recibido polos principes e princesas, damas e cabaleiros do Insua Bermúdez.



 

miércoles, 20 de febrero de 2013

Visita á Torre dos Andrade

Como parte do proxecto dos Andrade que leva a cabo a biblio, visitamos a Torre dos Andrade da nosa vila. Disfrutamos moito e aprendimos moitas cousas novas que nos contou Manolo Ferreiro, como podedes ver nestas fotos: