martes, 14 de diciembre de 2021

 Na semana anterior as festas de Nadal preparamos un pouco a nosa biblioteca para que os nenos vivan con máis intensidade estas festas, recopilamos libros desta temática e colocamos un buzón para que os nenos entreguen as súas cartas aos SSMM os Reis Magos.



jueves, 25 de noviembre de 2021

Ao longo deste día  25 N  en contra da violencia de xénero os nenos realizaron actividades relacionadas con este tema tan importante na nosa sociedade. Os máis pequenos disfrutaron dun contacontos.
                                                                                             
                                                                                       
                       




                                                                           

viernes, 19 de noviembre de 2021

Comezan a circular as mochilas viaxeiras. Esperamos que disfruten coas lecturas os nenos e toda a familia ao completo.


                    

viernes, 29 de octubre de 2021

 Hoxe celebramos  o Samaín no noso cole, durante toda a mañá os nenos e nenas disfrutaron de contos terroríficos....Aquí deixamos un deles. O conto " A casa encantada" un conto para contalo a escuras. Foi representado polas mestras e mestre de E. Infantil na Biblioteca .










jueves, 28 de octubre de 2021

 Os nenos de 3º A representan o conto de "Corre Corre Cabaciña" aos nenos de E. Infantil e 1º de Primaria.





lunes, 25 de octubre de 2021

 Durante esta última semana de outubro o cole celebra o Samaín e a nosa Biblioteca selecciona os libros relacionados con esta festa.


Suxerimos  un menú para os nosos lectores





domingo, 24 de octubre de 2021

martes, 21 de septiembre de 2021

 Comezamos un novo curso con moita ilusión e adquirindo novos libros do gusto dos nosos nenos.  Por outro lado recibimos a última entrega do curso 2020-21 da editorial Kalandraka


Editorial Kalandraka
Editorial Kalandraka

lunes, 21 de junio de 2021

 Os nenos de 2º tiveron a súa sesión de animación a lectura do libro que leron anterioridade " La mamá que ganó muchos premios.




Os nenos de 4º A tiveron unha sesión de animación a lectura sobre o libro que leron con anterioridad, Kibuko.





martes, 15 de junio de 2021

O alumnado de Infantil e o 1ºCiclo de Primaria tiveron unha sesión de Maxia a cargo de Pedro Bugarin.



martes, 25 de mayo de 2021

 Comezamos as sesións de animación a lectura. Os nenos de 1º leron " A tartaruga amodovou" e disfrutaron dun teatrillo sobre este libro de Paula Carballeira.




domingo, 2 de mayo de 2021

 Compañeiros, familiares e amigos de José Antonio Varela Veiga, primer director do noso centro participou este domingo 2 de Maio nunha merecida homenaxe a súa figura. Esta consistiu nun monolito de pedra realizado por Marcos Lastra. 

Os fondos para este evento foron reunidos por unha comisión de exalumnos, que tal como apuntaron cando se deu a coñecer esta iniciativa, os cartos sobrantes doaronse a biblioteca do Insua Bermúdez. Dende o centro queremos expresar o noso agradecemento pois grazas aos 300 euros  donados mercouse unha colección especial dos Bolechas adicada as Letras Galegas e contos da editorial Kalandraka que tanto éxito teñen no noso alumnado.

Moitas grazas


Editorial Kalandraka



viernes, 23 de abril de 2021

A BIBLIOTECA DO COLEXIO AGASALLOUNOS COA VISITA DE PEDRO BRANDARIZ

Para os nenos e nenas de Educación Infantil: "Os contos do Grúfalo".






Para os nenos e nenas 1º de Educación Primaria: "Contos e outras andrómenas".


Para os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria: "Contos e outras andrómenas".




Para os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria: "Contos de michos".


Para os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria: "Contos de michos".





Para os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria: "Médico de familia(s)".





Para os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria: "Médico de familia(s)".







O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO