martes, 3 de noviembre de 2026

Samaín na "biblio" do Insua: 50 anos de medo!

Samaín na "biblio" do Insua: 50 anos de medo! Como cada ano, coa chegada do Samaín, a biblioteca do noso "cole" muda de aspecto e énchese de misterio, arañeiras, historias arrepiantes e algún que outro susto. Pero este curso o noso colexio cumpre 50 anos! E, claro está, unha ocasión así tamén merece un Samaín á altura. Porque ás veces cumprir anos... tamén dá medo! Para a ocasión, decoramos a porta da biblioteca, tanto por fóra como por dentro, e enchemos o taboleiro de propostas lectoras arrepiantes para que ninguén quede sen a súa boa dose de misterio. Neste caso foi o alumnado de 5º de Educación Primaria o que puxo a súa creatividade ao servizo desta transformación tan terrorífica. Pero o Samaín non quedou só na decoración! O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria converteuse en protagonista dunha serie de contacontos dirixidos aos nenos e nenas de Educación Infantil e da Aula de Educación Especial. Porque as historias, cando se comparten, dan menos medo… ou quizais un pouquiño máis! Cincuenta anos de historias, cincuenta anos de lembranzas e, por suposto, cincuenta anos de medo! A continuación, deixámosvos unha escolma de fotografías para que poidades descubrir como vivimos esta celebración. Atréveste a entrar na nosa biblioteca? E lembrade: sabe máis Leolandra por maior ca por Leolandra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario