viernes, 21 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL

Despois de moito traballar, chegou o día das vacacións. Pero antes diso puidemos disfrutar dun conto moi divertido na nosa biblio. Podedes ver aquí as fotos:




martes, 18 de diciembre de 2012

O MEDIEVO NA NOSA BIBLIOTECA

Uns días antes de coller as vacacións, tivemos unha gran sorpresa na biblioteca: os personaxes do Medievo viñeron visitarnos. Primeiro un xograr explicounos algunhas cousas moi interesantes e, despois, foron aparecendo a raíña, un cabaleiro, unha campesina, unha taberneira, un monxe, e ata un bufón que nos estivo contanto un conto da época. Pasámolo moi ben e aprendemos como era a vida na Idade Media.




domingo, 16 de diciembre de 2012

OS ANDRADE EN 3º B

O alumnado de 3º B tamén nos quere aportar a súa visión da historia dos Andrade, que podedes ver máis abaixo:



TRABALLOS DE 3º A

O alumnado da clase de 3º A está traballando moito e xa fixeron dous libros:

No primeiro recollen a historia dos Andrade:





E no segundo inventaron as súas propias greguerías:


PROXECTO

O proxecto da biblioteca para o curso 2012-2013 é "Os Andrade". O centro estase a converter nun castelo, pois imos viaxar no tempo ata chegar á Idade Media.

Podedes ver unha foto do hall do colexio, ¿recórdavos algo?




Mesmo atopamos algún personaxe despistado, paseando polo castelo:


E os nosos protagonistas, Fernán Pérez de Andrade, Tareixa de Andrade e Nuno Freire de Andrade:


Pero non pensedes que a biblioteca segue coma sempre:



 




sábado, 15 de diciembre de 2012

COMO FUNCIONAMOS

QUE É A BIBLIOTECA

A Biblioteca e máis ca un lugar onde se almacenan libros, é un lugar máxico no que podes aprender moitísimas cousas e desfrutar mentres les todo tipo de libros: contos, poesía, teatro, ademais de enciclopedias, dicionarios e material audiovisual. Achégate e sorprenderaste!
 

QUEN PODE UTILIZALA

Poden utilizar a Biblioteca escolar o alumnado, os familiares, os Mestres e calquera persoa relacionada co centro educativo. Para poder levar libros en préstamo precisas o CARNÉ DA BIBLIOTECA do CEIP Antonio Insua Bermúdez. O carné levará a túa foto e un número de socio que deberás memorizar. Se pediches o teu carné ou queres facer un novo deberás falar co teu mestre ou cos bibliotecarios.
 

INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA

A aula destinada á Biblioteca ocupa uns 36 m2 na planta baixa do edificio principal do colexio. Dentro do local pódense diferenciar diferentes recantos: a zona de lectura informal, con chan de vinilo; a zona de traballo en grupo, separada do resto por estanterías, onde se ubican mesas e sillas para 25 nenos/as; unha zona de xestión, catalogación e préstamo onde se asenta o equipamento informático a tal efecto; zona de ordenadores, á carón da zona de xestión para realizar busquedas en internet; zona de novidades, onde se presentan cada certo tempo as últimas incorporacións á biblioteca; Librarías por ciclos e etapas, onde se organizas todos os fondos da biblioteca por ciclos e temáticas, máis abaixo explicase o sistema de clasificación. zona de lectura para nais e pais situada no primeiro andar, ao final das escaleiras, con sillons, mesiñas e estanterias con libros e revistas especiais para eles.
 

COMO SE COLOCAN OS LIBROS

 
 
Os libros están clasificados nos estantes por niveis lectores. Por iso nos lombos levan un autocolante de diferentes cores segundo a temática:
 
 
 
 
En cursos anteriores comezouse coa catalogación dos fondos de forma informática utilizando a plataforma Meiga. Unha vez asignado o código, o material impreso narrativo divídese en ciclos e se lle coloca unha pegatina no lombo:

O PRÉSTAMO

Os servizos que se ofrecen a través do Equipo da Biblioteca son os de lectura en sala, préstamo, información e orientación e actividades de fomento da lectura.
En canto ao préstamo, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un libro, sempre e cando posúan o carné da biblioteca expedido polo CEIP Antonio Insua Bermúdez.
Os libros prestaranse por espazo de 15 días naturais, renovables por outros 15, ata un máximo de tres. Se non se fai a entrega no tempo establecido, a nena ou neno non poderá facer uso deste servizo ata que non entregue o libro.
Os carnés da biblioteca quedarán na aula a cargo do profesorado. Memoriza o teu número de usuario, facilita a xestión e autoxestión do préstamo.
Podemos pedir axuda para elixir un libro.
A partir do 15 de xuño non podemos levar libro, Cd, DVD ou material prestado algún da biblioteca e haberá que devolver os que se atopen prestados.
Poderase negar o servizo de préstamo temporalmente a aquel alumnado que deteriora grave e reiteradamente, ou non devolva materiais prestados.
Lembra que existen libros de novidades ou de consulta que non se poden prestar, pero si consultar na biblioteca. Tamén existen as mochilas viaxeiras, se non as coñeces pregunta por elas aos encargados ou profesorado.
Cando devolvas o libro ou material audiovisual entrégallo á persoa encargada para que rexistre a devolución e logo colócao ti na súa estantería e andel correcto.
 

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA

Non debemos esquecer o cumplimento por parte de todos dunha serie de normas para o seu mellor funcionamento:
  • Acudiremos en silencio e en orde
  • Na biblioteca hai que manter un ton de voz baixo para non entorpecer as actividades que alí se levan a cabo.
  • Atenderemos e respectaremos as instrucións que nos dea o profesorado encargado.
  • Leremos sentados/as e nunha postura correcta.
  • Ao coller e devolver un libro, deberemos deixalo ben colocado no lugar onde estaba. Fomentarase o uso do autopréstamo.
  • É necesario empregar marcadores para non dobrar as follas.
  • Debemos coidar os libros evitando manchas, rachaduras ou calquera outro dano.
  • A asistencia a biblioteca no recreo estará limitada polo número de prazas dispoñibles e estaremos sempre sentados/as.
  • Poderá ser privado de acudir á Biblioteca durante o recreo aquel alumnado que non respecte as normas mínimas de comportamento e fora apercibido reiteradamente.
  • Está terminantemente prohibido comer/beber na biblioteca.
  • A biblioteca non será nunca un lugar para cumprir castigos.
  • O servicio de uso de ordenador da biblioteca está destinado á procura de información ou realización de traballos e uso de recursos didácticos.
  • Empregaremos os ordenadores sempre baixo a supervisión dun mestre ou mestra.
  • Durante os recreos estableceremos os seguintes horarios de uso dos ordenadores:
LUNS: 1º e 2º, MARTES: 3º, MÉRCORES: 4º, XOVES: 5º e VENRES: 6º.
  • O uso dos ordenadores será individual e por un periodo máximo de 30 minutos. Teremos que informar á persoa encargada da biblioteca e anotarnos nun listado.
  • Comprometémonos a usar correctamente os equipos informáticos.
  • Cando remate a nosa quenda, deberemos deixar tódalas lapelas e xanelas pechadas e os ordenadores apagados(tanto o monitor como a Unidade Central de Procesamento, CPU).
  • Ante calquera bloqueo ou dúbida deberemos avisar ao profesorado.
  • A utilización dos ordenadores implica a aceptación destas normas. O seu incumprimento dará lugar á perda de uso do mesmo.
  • Todo o mobiliario estará colocado convenientemente e no seu lugar ao abandonar a biblioteca.
  • Se se realizan traballos dentro da biblioteca, utilizaranse papeleiras clasificadoras do lixo e deixarase todo recollido antes de marchar, para que tanto os fondos coma o mobiliario poida ser utilizado libremente por outro grupo de alumnos.

 

O HORARIO

A Biblioteca permanecerá aberta durante a xornada lectiva de 9:30 a 14:30 horas.
 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A biblioteca pode convertirse en sinónimo de igualdade no acceso aos métodos audiovisuais. Isto implica unha maior motivación e unha nova disposición para enfrontarse ó reto de aprender. Así pois, algunhas das estratexias que levamos a cabo dende a biblioteca para enfrontarnos á diversidade de alumnado coa que nos atopamos no CEIP Antonio Insua Bermúdez serán as seguintes:
Fanse recomendacións aos alumnos ou outros membros da comunidade educativa en función dos diferentes gustos, así como páxinas web con indicacións, etc.
Elabóranse libros adaptados a nenos con necesidades educativas especiais (con pictogramas, de fácil manexo, etc) e co nome de "Os superlibros".
Adáptase o material audiovisual (teclados ou ratos) ás características evolutivas dos nenos/as.
 

COLABORACIÓN COAS FAMILIAS

No CEIP Antonio Insua Bermúdez contamos coa colaboración das familias e da ANPA para moitas das actividades que se levan a cabo na biblioteca: dende a organización de exposicións, ata a participación directa en contacontos ou tarefas bibliotecarias, a elaboración de "libros viaxeiros" (especialmente entre os máis pequenos),etc
Asímesmo O Equipo de Biblioteca elaborará sinxelos boletíns recomendando libros, coincidindo co Nadal, Día do Libro e Fin de curso, nos que se incluirán reseñas para "maiores", fomentando deste xeito a lectura nas familias.
Creouse un recanto específico Recanto de Nais e Pais, para nais e pais que se atopa no primeiro andar do centro, con cómodas butacas e estanterias con material específico para ler con calquera excusa.
     
     

BENVIDOS/AS A TODOS/AS!!

A BIBLIOTECA do CEIP Antonio Insua Bermúdez estrea blog. Aquí poderedes ver as actividades que levaremos a cabo nela, fotos, información... e por suposto comentar o que queirades.

Se queredes saber por que o colexio parece un castelo estade pendentes deste blog, a nosa mascota Leolandra nos irá informando de todo o que acontece na nosa biblio!