Seguimos ca semana do libro e o alumnado do Lois Peña do ciclo de Dependencia visitáronnos e deleitáronnos con 4 contos que nos gustaron moito: " Coelliño branco"," Sopa Verde", O aire do lobo Rigoberto e A tartaruga que quería dormir.
miércoles, 23 de abril de 2025
Continuamos coa celebración do día do libro, nesta ocasión son os alumnos de 6ºB os que van ao patio de Infantil a representar o conto de " A ratiña fachendosa"
Os nenos e nenas de 2º de Primaria visitaron a escola de infantil para celebrar con eles o día do libro. Contaron dous fermosos contos, " A que sabe a lúa" e " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza".
2ºB
2ºB
2ºA
2ºA
DÍA DO LIBRO
En referemcia a este día coa axuda de alumnos e alumnas de 5ºB elaboramos un mural homenaxeando a Castelao, con viñetas da súa importante obra "Cousas", onde destacamos os animais que aparecen para facer referencia ao noso proxecto.
Colgador de portas elaborados polos mesmos nenos e nenas de 5º B e 3 anos.
3 anos
martes, 22 de abril de 2025
A Xunta declara o 2025 como o ano de Castelao, co motivo do 75 aniversario da súa morte. Deste xeito estamos a traballar algunha das súas obras como " Cousas". Aquí deixamos algúns murais feitos polos nenos e nenas de Primaria.
martes, 8 de abril de 2025
Presentamos algunhas das novidades que recibimos no día de hoxe.
lunes, 7 de abril de 2025
Como cada ano a editorial Kalandraka agasállanos cun concerto-contacontos ofrecido por Paco Nogueiras. Disfrutaron moito con él os nenos de infantil, primeiro ciclo e aula específica.