sábado, 22 de febrero de 2025

Durante estes días no cole estivemos a traballar nun precioso mural sobre Rosalía de Castro xa que o 23 de  Febreiro é o día que lle adicamos. As máscaras foron agasallo do IESCHA, moitísimas gracias por convertirnos en Rosalía por un día.































viernes, 21 de febrero de 2025

 O Entroido aproxímase e ao longo da vindeira semana ímonos preparando coas ordes do Meco. Como cada ano relacionámolo co noso proxecto de Biblio. Este ano, "Os nosos amigos, animais de compañía".





martes, 11 de febrero de 2025

 A mochila viaxeira comeza hoxe a circular na clase da profe Elena, tres anos. Na foto vemos os libros que leva, e a Xoel moi feliz de poder levala.




jueves, 30 de enero de 2025

 Hoxe celebramos o día da Paz no noso cole. Os nenos e nenas ao igual que os outros coles do concello colorearon un plato cunha pomba e cantaron unha canción, "A peor xogada", todos xuntos na pista de Baloncesto.

Na Biblioteca decoramos o corcho, e fixemos exposición de libros. Nesta ocasión os nosos artistas foron os nenos e nenas de 5º B.








lunes, 20 de enero de 2025

 Hoxe foi o turno de 2º B, Unai leva na mochila unha selección de libros elexidos pola sua titora en colaboración coa mestra de inglés.





viernes, 17 de enero de 2025

As mochilas viaxeiras xa empezan a circular cara as casas dos nosos alumnos e alumnas,  sentimos o retraso causado neste curso debido a implantación do novo programa Koha. Algún curso de primaria xa empezou a finais do primeiro trimestre, o resto faino estes días.