martes, 3 de noviembre de 2026
Samaín na "biblio" do Insua: 50 anos de medo!
viernes, 19 de junio de 2026
No día de hoxe ademáis da festa de fin de curso felicitamos e agasallamos cun diploma e un marcapáxinas aos alumnos máis lectores do nosa biblioteca.
1.- Mateo Orosa Gayoso (72 préstamos)
2.-Judith Gómez Seijo (65 préstamos)
3.- Noa Piñeiro García (63 préstamos)
4.- Meryem El Hassnaoui (59 préstamos)
5.- Mael Engroba Pernas (57 préstamos)
| Mateo, Meryem, Noa e Mael 1ºB |
| Judith Gómez Seijo 2ºA |
jueves, 4 de junio de 2026
Os nosos alumnos de 2º de Primaria visitan a Escola de Infantil nun intercambio lector que realizamos todos os anos. Moitos destes nenos e nenas foron alumnos desta escola. Comezaron facendo unha mini obra de teatro e cantando unha canción. Contamos tamén con Darío que dende a súa casa contou un fermoso conto.
lunes, 25 de mayo de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
Hoxe no museo do Castro de Viladonga tivo lugar a inaugarión da exposición que durante o presente curso estivemos a traballar os centros que compoñemos a Microrrede de Bibliotecas escolares Terra Chá, un marabilloso traballo do que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas .O proxecto deste curso tratou sobre os oficios que os nosos devanceiros desenvolveron durante moitos anos; así como de persoaxes senlleiros da nosa comarca. A exposición está aberta ao público ata finais de mes.
| Cartel da exposición |
| Sara Jato |
| Comadrona Concha da Reina |
| Mulleres do liño de Insua |
| Oficios tradicionais |
| Os torneiros e Roteiro de Mulleres Senlleiras Terra Chá |
| Fiolleiras |
martes, 5 de mayo de 2026
Os alumnos de E. Infantil, aula específica, 1º, 2º, e 3º de E.P, disfrutaron hoxe da compañía de Cé Orquestra Pantasma, unha maneira moi especial de demostrar como a música pode cobrar vida e contarnos historias marabillosas a través dos instrumentos. Como as fotos o indican a festa estaba garantida.













