A biblioteca tamén tivo tempo para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) cun contacontos dirixido aos máis pequenos do cole. Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron do conto "O gato e a gata" e un obradoiro posterior.
jueves, 14 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
Contacontos dos Andrade por Manolo Ferreiro
Novamente tivemos unha sorpresa na nosa biblio: veu visitarnos Nuno Freire de Andrade, O Mau, para contarnos como fora a súa vida e as súas aventuras. O que O Mau non esperaba e que ía ser recibido polos principes e princesas, damas e cabaleiros do Insua Bermúdez.
miércoles, 20 de febrero de 2013
Visita á Torre dos Andrade
Como parte do proxecto dos Andrade que leva a cabo a biblio, visitamos a Torre dos Andrade da nosa vila. Disfrutamos moito e aprendimos moitas cousas novas que nos contou Manolo Ferreiro, como podedes ver nestas fotos:
jueves, 31 de enero de 2013
miércoles, 30 de enero de 2013
viernes, 21 de diciembre de 2012
CHEGOU O NADAL
Despois de moito traballar, chegou o día das vacacións. Pero antes diso puidemos disfrutar dun conto moi divertido na nosa biblio. Podedes ver aquí as fotos:
martes, 18 de diciembre de 2012
O MEDIEVO NA NOSA BIBLIOTECA
Uns días antes de coller as vacacións, tivemos unha gran sorpresa na biblioteca: os personaxes do Medievo viñeron visitarnos. Primeiro un xograr explicounos algunhas cousas moi interesantes e, despois, foron aparecendo a raíña, un cabaleiro, unha campesina, unha taberneira, un monxe, e ata un bufón que nos estivo contanto un conto da época. Pasámolo moi ben e aprendemos como era a vida na Idade Media.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



