jueves, 20 de junio de 2024

 Hoxe como remate do proxecto deste ano, os profes de E. Física organizan xogos de auga. A pesar do tempo que non nos favoreceu, os nenos e nenas difrutaron moito. Na seguinte ligazón podedes comprobar o ben que o pasaron. 

XOGOS DE AUGA


viernes, 14 de junio de 2024

Como cada ano hoxe celebramos a andaina de fin de curso. Os outros anos foron tramos do camiño de Santiago, pero este curso quixémola facer en honor ao noso proxecto, " A auga, fonte de vida". E escollemos o fermoso paseo as beiras do río Miño, na capital da nosa provincia, Lugo. 
Na seguinte ligazón podedes encontrar unha reportaxe visual da andaina realizada:

martes, 11 de junio de 2024

 Hoxe contamos coa presencia da profe Oliva da E.E.Infantil, visitounos para contarlles aos alumnos de 1º e 2º a lenda da Charca de Alligal, veu acompañada da profe Mercedes e de algúns alumnos de dita escola, colaboradores na preparación de dita lenda. Disfrutaron moito e ao rematar recibiron un fermoso e máxico agasallo.
















martes, 4 de junio de 2024

 No día de hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º visitaron a E.E..Infantil, para contar contos aos nenos de dita escola. Iban con moita ilusión pois algúns deles cursaran aquí a súa primeira etapa de escolarización.














viernes, 17 de mayo de 2024

 Como motivo do día das Letras Galegas  dúas artistas, alumnas de 5º B pintaron a Luisa Villalta, homenaxeada deste ano 2024, Xoana e Betty, as mesmas que se encargaron de Rosalía de Castro no seu día. Así mesmos os nenos e nenas de 6º completaron o mural coa vida e a obra de Villalta. Moitas grazas a tod@s!






















viernes, 26 de abril de 2024

Para rematar a semana do libro a parte de seguir coas lecturas no patio, contamos cun contacontos especial, David Rodriguez, autor do libre Superavoa. Realizaronse dúas sesións, unha para E. Infantil e outra para 1º e 2º de E. P.



Infantil con David














Infantil

1º, 2º 









1º, 2º

1º, 2º


jueves, 25 de abril de 2024

 No día de hoxe os nen@s de 6ºA continuaron cos contos de títeres na biblioteca. Nesta ocasión foi o turno de "Os tres porquiños"