Hoxe tivo lugar no cole a entrega de premios do certame Benxamín Paz, que cada ano organiza o noso cole. Foi un acto moi bonito onde acudiron os premiados doutros coles participantes, como o CEIP Monseivane ou o CEIP Terra Chá. Despois da entrega de primios a minibanda de 6º ofreceu un concerto.
jueves, 19 de junio de 2025
miércoles, 11 de junio de 2025
jueves, 5 de junio de 2025
Este curso foi ano de novidades na nosa biblio, cambiamos o Meiga pola Koha, o que supuxo un traballo importante para o equipo de biblioteca, e cambiamos os números das estanterías, de ser feitos en papel e platificados pasaron a ser feitos na impresora 3D.
Comezou tamén a funcionar a nosa radio, Radio Leolandra, aqui temos os nosos primeiros traballos, e como non podía ser doutra maneira relacionados co noso proxecto.
Para completar este fermoso proxecto dos animais, hoxe visitáronnos dous fabulosos veterinarios da nosa comarca, estiveron estupendos contando tres contos de animais de granxa: "A cabra Glotona," Tres gallinas y un pavo real ", "Lo que escuchó la mariquita."
Susana, a veterinararia ademáis da sua profesión está na escola de teatro de Vilalba, mostrándonos así as súas habilidades curando a cabra glotona. Os nenos riron un montón coa cabra que estaba moi maliña , primeiro con moita febre, o corazón acelerado, a língua azul e finalmente unha alerxia. A nosa veterinaria conseguiu curala cabra grazas a inxección, tabletas, xarope...
Cando xa parecía que melloraba, apareceu a nosa veterinaria coa língua azul.😒
![]() |
![]() |
![]() |
domingo, 1 de junio de 2025
Hoxe foi a inauguración da Exposición Proxecto Microrrede de Bibliotecas Escolares Terra Chá "Afianzando a nosa identidade". Un traballo colaborativo entre as Bibliotecas Escolares de 14 centros educativos da comarca da Terra Chá.
O acto tivo lugar na casa Habanera de Guitiriz, ao que ademáis de representantes dos centros, acudiron o concelleiro de cultura de Guitiriz e a asesora de Bibliotecas Escolares, Alexandra Cabana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)