A piques de rematar este primeiro trimeste, e a pesar de non facer préstamos aos nenos por atoparnos coa implantación ao Koha, presentamos a decoración navideña da nosa biblio feita polos alumnos e alumnas de 6º. Nas aulas si que poideron facer uso do catálogo que a nosa biblioteca ofrece para esta bonita época do ano. Bo Nadal a tod@s!!
miércoles, 18 de diciembre de 2024
jueves, 12 de diciembre de 2024
Hoxe recibimos unha visita moi especial!
As mamás dunha alumna, responsables da protectora ANIMAIS HELP de Xermade, vistáronnos para explicar o funcionamento do seu refuxio. Acompañadas de Anna e Maya duas cadeliñas cunha historia moi especial, faláronnos da importancia do coidadodas das mascotas. Promovendo actuacións responsables, incidindo na adopción e no proceso de recollida e coidado dos cans refuxiados.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutaron dun ratiño de aprendizaxe e desfrute, ademais de recibir un conto dos Bolechas que amplía o seu coñecemento arredor desta temática. Estes contos tamén estarán dispoñibles na biblioteca, grazas a doación que fixo a protectora.
Moitísimas grazas por un día inesquencible!
![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)