miércoles, 26 de junio de 2024

Recentemente como cada ano vimos de publicar a nosa revista "A Pravia", atópase virtualmente na páxina do cole e físicamente foi entregada o último día aos nenos e nenas do cole, aos colexos da contorna , e algún exemplar quedou na nosa biblioteca.





jueves, 20 de junio de 2024

 Hoxe como remate do proxecto deste ano, os profes de E. Física organizan xogos de auga. A pesar do tempo que non nos favoreceu, os nenos e nenas difrutaron moito. Na seguinte ligazón podedes comprobar o ben que o pasaron. 

XOGOS DE AUGA


viernes, 14 de junio de 2024

Como cada ano hoxe celebramos a andaina de fin de curso. Os outros anos foron tramos do camiño de Santiago, pero este curso quixémola facer en honor ao noso proxecto, " A auga, fonte de vida". E escollemos o fermoso paseo as beiras do río Miño, na capital da nosa provincia, Lugo. 
Na seguinte ligazón podedes encontrar unha reportaxe visual da andaina realizada:

martes, 11 de junio de 2024

 Hoxe contamos coa presencia da profe Oliva da E.E.Infantil, visitounos para contarlles aos alumnos de 1º e 2º a lenda da Charca de Alligal, veu acompañada da profe Mercedes e de algúns alumnos de dita escola, colaboradores na preparación de dita lenda. Disfrutaron moito e ao rematar recibiron un fermoso e máxico agasallo.
















martes, 4 de junio de 2024

 No día de hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º visitaron a E.E..Infantil, para contar contos aos nenos de dita escola. Iban con moita ilusión pois algúns deles cursaran aquí a súa primeira etapa de escolarización.